DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 15 de xullo de 2024, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 36S001/106/2024 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse ás interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse, logo de cita, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 36071, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 15 de xullo de 2024

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesada

NIF/CIF

Acto notificado

36R001/106/2024

Elgatec Deluxe, S.L.

B01879865

Acordo de inicio de expediente sancionador

36R001/107/2024

Create Woods & Go Desing, S.L.

B98944986

Acordo de inicio de expediente sancionador

36R001/108/2024

Autos Fr Multimarca de Ocasión, S.L.

B70568373

Acordo de inicio de expediente sancionador