DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 15 de xullo de 2024, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica o Acordo de incoación do 4 de xuño de 2024 (expediente sancionador LU-S-11/2024).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase á persoa interesada que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Dado que este acto non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición da persoa interesada, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70, do concello de Lugo), no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ó desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Neste mesmo acto designouse instrutora do expediente a Ana María Reimonde Martínez; os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución deste procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da citada axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), en relación co disposto no artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano a partir da data deste acordo.

A persoa interesada disporá dun prazo de dez días, segundo o establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar ante a instrutora do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non presentar alegacións no prazo establecido, considerarase este acordo como proposta de resolución, de conformidade co disposto no artigo 64.1 da dita lei.

De acordo co artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción que se indica no acordo de iniciación poderá estar suxeita ás seguintes reducións: 20 % (se recoñece a súa responsabilidade ou paga voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou 40 % (se recoñece a súa responsabilidade e, ademais, paga voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Lugo, 15 de xullo de 2024

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente

LU-S-11/2024

Denunciado

X99 090 39H

Establecemento

Euforia

Enderezo

Rolda da Muralla, 165, baixo

Localidade

Lugo

Preceptos infrinxidos

Artigo 35.g) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia

Artigo 7 do Decreto 148/2013, do 12 de setembro, polo que se regulan o libro de visitas da inspección turística e as follas de reclamacións de turismo

Tipificación da infracción

Artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia

Cualificación

Leve

Iniciación

4 de xuño de 2024

Sanción

Multa de douscentos euros (200 €)