DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 5 de xullo de 2024 polo que se acorda o alleamento, polo procedemento de poxa pública, dun ben inmoble situado no concello de Toledo.

Ás 10.00 horas do día 12 de setembro de 2024 terá lugar, nas dependencias do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), situadas no Edificio Administrativo Igape, no barrio de San Lázaro en Santiago de Compostela, ante a mesa presidida pola xerente, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral, un representante da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio e un/a empregado/a público/a da Subdirección de RR.HH. e Xestión Administrativa do Igape, que actuará como secretario/a, a poxa pública do ben inmoble patrimonial do Instituto Galego de Promoción Económica que se describe a seguir e cuxo alleamento se acordou mediante a Resolución da directora xeral do 18 de outubro de 2023.

Lote único: nave industrial sita en Toledo.

Natureza do predio: urbana. Nave no polígono industrial de Benquerencia (Toledo).

Datos rexistrais: predio rexistral 63.098, inscrito no Rexistro da Propiedade núm. 1 de Toledo: libro 1.233, tomo 1.741, folio 118. Superficie do terreo rexistrada: 600,53 m2.

Municipio: Toledo.

Referencia catastral: 1252409VK2115A0001RJ.

Localización: rúa Molino de Viento, núm. 18, polígono industrial de Benquerencia, Toledo, código postal 45007.

Superficie do terreo: 600,53 m2.

Superficie construída: 800,00 m2.

Descrición: nave industrial, en planta baixa e entreplanta.

Poxa mínima: 85.000 €.

Tramos da poxa: 1.000 €.

Importe garantía para licitar: 21.250 €.

Prezo do anuncio: estímase en 5.358 €.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar ante a mesa, en metálico ou cheque bancario, o 25 % da cantidade sinalada como poxa mínima ou tipo de licitación do ben (21.250 €), ou acreditar que se depositou tal cantidade mediante transferencia na conta do Igape na entidade Abanca, con núm. ES83 2080 0388 2731 1000 0584.

Serán por conta do adxudicatario os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión aplicaranse conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección de RR.HH. e Xestión Administrativa do Igape, no edificio Igape, barrio de San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, así como na páxina web do Igape no enderezo: www.igape.es

Teléfonos de información: 900 81 51 51, 981 54 11 51 e 981 54 11 41.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica