DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 26 de xullo de 2024 Páx. 44466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 28 de xuño de 2024, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva do Proxecto de execución da senda fluvial pola marxe dereita do río Lagares desde a estrada de Moledo ata a conexión co sendeiro existente no polígono de Miraflores (expediente 669/403).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 21 de xuño de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación definitiva ao Proxecto da senda fluvial no río Lagares, pola marxe dereita do río Lagares desde a estrada de Moledo ata a conexión co sendeiro existente (polígono de Miraflores-Vigo), documentación técnica presentada no Rexistro electrónico da Xerencia Municipal de Urbanismo con data do 5.5.2023 (DOC. NÚM.: 230123203 e CÓD. SOL.:W905069-1117), redactada pola entidade Fulcrum, Planificación, Análisis y Proyecto, S.A.U., con data de xaneiro de 2023, e asinada con data do 4 de maio de 2023, con sinatura dixital válida, pola enxeñeira de Camiños, Canais e Portos M. C. R., e o enxeñeiro técnico en topografía J. L. Ll. C.

Segundo. Ordenar a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. O contido íntegro do proxecto aprobado definitivamente estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/, na epígrafe de Planeamento de Desenvolvemento en tramitación, e no Portal de transparencia.

Cuarto. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10,14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para os efectos de dar cumprimento ao punto terceiro da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada definitivamente poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_infra.php?lang=gal (modifícase a ligazón con respecto á indicada no acordo adoptado, por entender que esta nova localización resultará moito máis intuitiva para os/as cidadáns/ás que queiran consultar este tipo de proxectos).

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a publicación deste anuncio servirá de notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 28 de xuño 2024

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda