DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 26 de xullo de 2024 Páx. 44468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de convocatorias de provisión de prazas de emprego público local ao abeiro do disposto no artigo dous e na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 3 de xuño de 2024, aprobáronse a convocatoria e as bases que deberán rexer a provisión de cada unha das seguintes prazas:

– Unha praza de limpador/a.

– Unha praza de conserxe limpador/a.

– Unha praza de arquitecto/a superior.

– Unha praza de animador/a sociocultural.

– Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local.

– Dúas prazas de monitor/a deportivo/a.

– Unha praza de auxiliar administrativo/a, adscrito/a á Área de Urbanismo.

– Unha praza de auxiliar administrativo/a, adscrito á Área de Intervención, Tesouraría e Recadación.

– Unha praza de administrativo/a, adscrito/a á Área de Urbanismo.

– Unha praza de administrativo/a, adscrito/a á Área de Servizos Sociais.

– Dúas prazas de traballador/a social.

– Unha praza de piscólogo/a.

– Unha praza de psicólogo/a-educador/a familiar.

– Unha praza de asesor/a xurídico/a da muller-CIM.

Todas elas con vinculación xurídica de persoal laboral fixo mediante o sistema de concurso en quenda libre, agás a praza de conserxe limpador/a que se rexirán mediante un proceso de concurso-oposición, ao abeiro do disposto no artigo 2 e na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no Boletín Oficial del Estado número 312, do 29 de decembro de 2021.

As bases específicas íntegras das referidas prazas foron publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) do 8 e do 11 de xuño, con corrección de erros no BOP do 21 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Vilalba, 24 de xuño de 2024

Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa