DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 26 de xullo de 2024 Páx. 44392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reconectador e fusibles XS na LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11, no concello de Dozón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reconectador e fusibles XS na LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11, no concello de Dozón, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 9 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/218-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reconectador e fusibles XS na LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11.

Concello: Dozón.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36016A02900044

Coto da Taberna

Descoñecido

11 de outubro de 2024

13.00