DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 26 de xullo de 2024 Páx. 44393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sober (expediente IN407A 2023/99-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e declárase a utilidade pública do proxecto para a regulamentación da LMTA REG802 en tramo entre os apoios número 35-A29 e número 35-A36-CT (Sober), no concello de Sober, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 11 de xullo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación da LMTA REG802 en tramo entre os apoios número 35-A29 y número 35-A36-CT (Sober)

Concello: Sober (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/99-2.

Número de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietaria

Apoio (núm.)

Apoio (m2)

Afeccións
(ml. aér.)

Afeccións (m2 aér.)

6

42

347

Campo

Pradeira

Hros. de Carmen Álvarez Guitián

35-A35CT

10.0

2.0

6.0