DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 26 de xullo de 2024 Páx. 44358

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

Na sesión que tivo lugar o 15 de xullo de 2024, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 4 de decembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade coa base II.2.4, que o cuarto exercicio do proceso selectivo se realice a partir do día 10 de setembro de 2024 cos chamamentos que a seguir se recollen.

Consonte o previsto nas bases I.1 e II.3.1 da resolución de convocatoria do proceso selectivo, convócanse, para realizar o cuarto exercicio, nos días a continuación sinalados, ás 16.15 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:

10 de setembro de 2024

Álvarez Vázquez, Amalia

***2706**

Basteiro Álvarez, Nuria

***3199**

11 de setembro de 2024

Couceiro Cachaldora, Josefa

***8639**

* Díaz Seco, Laura

***8779**

12 de setembro de 2024

González Bran, Fátima

***5458**

López Fernández, David

***1797**

16 de setembro de 2024

Martínez Castro, Nerea

***0400**

Mato Martínez, Andrea

***8339**

17 de setembro de 2024

Mosquera Ferreiro, Alfonso

***7972**

Pérez de los Santos, Alba María

***1411**

18 de setembro de 2024

Rúa Andrade, María Cruz

***6179**

Seijo Vázquez, Ignacio Tomás

***9248**

Souto Baña, Fátima

***0973**

As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal