DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 26 de xullo de 2024 Páx. 44360

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e do corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 15 de xullo de 2024, a comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e do corpo facultativo de carácter facultativo superior da Administración especial, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao non ter recibido ningunha alegación, elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na fase de concurso, feitas públicas pola Resolución do 18 de xuño de 2024 (DOG núm.125, do 28 de xuño).

Segundo. Segundo o establecido na base IV.1 da resolución da convocatoria, publicar como anexo á presente resolución a relación de persoas aspirantes que superaron, para cada categoría, o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e do corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, e propoñer o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.9 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión

ANEXO

Persoas que superaron o proceso

Grupo

Categoría

DNI 

Apelidos e nome

I

2

***5304**

López Rois, Estrella Purificación

I

2

***4621**

Rodríguez Cabaleiro, Gloria

I

4

***0500**

Armesto Pina, José Francisco

I

4

***9846**

Barrio Martín, Juan Pablo

I

4

***0503**

Blanco Menéndez, Jean Pierre

I

4

***2408**

Fernández Fernández, Susana

I

4

***1812**

López Diéguez, Mª Cristina

I

4

***9470**

Mosqueira Martínez, Gonzalo

I

4

***0787**

Pena Pérez, Jaime José

I

17

***4949**

Calvo Ferrer, Ana Elvira

I

27

***6834**

Calvo Domínguez, Marcelina

I

27

***7301**

Paredes Rodríguez, María José