DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44171

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade electrónica, do grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 3 de xuño de 2024 (DOG do 12 de xuño e BOE do 18 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade electrónica, do grupo III, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta:

– Xosé Ramón Fernández Vidal, profesor titular da USC.

Vogais:

– Natalia Seoane Iglesias, profesora titular da USC.

– Ramón Mazoy Fernández, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– María del Sol Abella Fernández, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretaria:

– Alejandra Carreño Rodríguez, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente:

– Roberto Iglesias Rodríguez, profesor titular da USC.

Vogais:

– María José Iniesto Alba, profesora colaboradora da USC.

– Albina Román Castro, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Beatriz Barral Montaña, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de
Santiago de Compostela