DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44169

IV. Oposicións e concursos

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución do 17 de xuño de 2024 noméase o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2022.

Unha vez presentada a renuncia do presidente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe de sección; na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a; e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a da entidade pública empresarial Augas de Galicia, convocado pola Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 28 de decembro de 2022 (anuncio no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta dirección

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Rubén Curros Bermúdez, presidente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe de sección; na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a; e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a da entidade pública empresarial Augas de Galicia, convocado pola Resolución da Dirección de Augas de Galicia, do 28 de decembro de 2022

Segundo. Nomear presidente titular do tribunal a Roberto Arias Sánchez, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canles e portos, subgrupo A1, actual presidente suplente.

Terceiro. Nomear presidente suplente a Pedro Felipe Pedrouzo Devesa, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia