DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2024/017-1).

Expediente: IN407A 2024/017-1.

Promotor: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Proxecto: LMT, CT A Baiuca-Soandres e enlace coa RBT.

Concello: A Laracha.

Feitos:

1. O día 22.1.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Por mor da fin da vida útil do centro de transformación CT Baiuca-Soandres de intemperie, de 50 kVA de potencia, no lugar da Baiuca, na parroquia de San Pedro de Soandres, concello da Laracha, proxéctase substituílo e instalar un novo centro de transformación compacto e unha liña de media tensión soterrada que substituirá un tramo aéreo existente da liña de distribución de media tensión aos CCTT Riba e Baiuca (IN407A 1999/162-1).

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT A Baiuca-Soandres e enlace coa RBT, asinado o 12.1.2024 (nº de visado 65/24-CO, do 15.1.2024) por Juan Jesús Arijón Lafuente, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.608 da Coruña; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 19.3.2024.

• BOP: 18.3.2024.

• Xornal La Voz de Galicia: 14.3.2024.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 29.4.2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello da Laracha como entidade afectada. No día desta resolución, non consta no expediente resposta á solicitude de informe.

5. O día 12.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar da Baiuca, na parroquia de San Pedro de Soandres, concello da Laracha, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 15 kV, de 73 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº 49-20 existente para substituír e remate no CTC proxectado.

– Desmontaxe de tramo LMTA a 15 kV, de 34 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 49-20 para substituír por tipo HV-13/1600 da LMT aos CCTT Riba e Baiuca (IN407A 1999/162-1) e remate no apoio nº 49-21 en que se atopa o CTI Baiuca-Soandres existente. Retensado de tramo existente entre os apoios núms. 49-19 e 49-20.

– Novo CT Baiuca-Soandres compacto prefabricado, cunha potencia de 50 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L (1 en reserva) + 1P. Desmontaxe do CTI Baiuca-Soandres existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 1 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

LMT, CT A Baiuca-Soandres e enlace coa RBT (A Laracha)

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Natureza do terreo

Afección pleno dominio (LMT aérea-apoios)

LMTS (servidume de paso de enerxía eléctrica soterrada)

Afección pleno dominio

(centro de transformación)

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

Superficie edificio (m2)

Beirarrúa

(m2)

Acceso

(m2)

1

María del Pilar García Silveira

15042A087000020000KB

Prado

Novo apoio nº 49-20 (PA/S)

2

11

33

2

Marisol Varela Guillermo e

Amadeo Iglesias Mosquera

15042A086001260000KP

Matogueira

11

18

52