DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44132

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 17 de xullo de 2024 pola que se modifica a Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C).

O 11 de marzo de 2021 publicouse no número 48 do Diario Oficial de Galicia a Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C).

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia nos cales non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade (código de procedemento BS403C). Para os efectos desta orde considéranse núcleos rurais os concellos de menos de cinco mil habitantes e enténdense por recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3, os puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para o mantemento do centro. Igualmente, entenderase que existen recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade se os anteditos equipamentos dos ditos servizos están en construción ou previstos nun documento de planificación da Administración autonómica ou local. Así mesmo, por medio desta orde, convócanse as ditas axudas para a posta en marcha de experiencias piloto de casas niño durante os anos 2021, 2022, 2023 e 2024.

O 13 de xullo de 2022 publicouse no número 133 do Diario Oficial de Galicia a Orde do 4 de xullo de 2022 pola que se modifica a Orde do 26 de febreiro de 2021, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C), pola que se procedeu ao incremento do crédito na cantidade de 82.320 € destinada á prima e mais do anticipo.

A presente modificación, en relación coa anualidade 2024, ten por obxecto incrementar o crédito en 54.360 € na aplicación orzamentaria 38.02.312B.470.0 para proceder ao incremento da prima na dita anualidade debido ao aumento, nos últimos anos, do índice de prezos de consumo (IPC) e a establecer unha compensación da prima durante os períodos de baixa de maternidade ou paternidade.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C)

A Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C), queda modificada como segue:

Un. O número 1 do artigo 3, referido ao financiamento, queda redactado como segue:

«1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total dun millón oitocentos oito mil seiscentos oitenta euros (1.808.680 €) distribuído en catro anualidades, que se imputará ás aplicacións orzamentarias que se indican:

Aplicación

Importe 2021

Importe 2022

13.02.312B.770.0

300.000 €

13.02.312B.470.0

196.000 €

419.440 €

Total

496.000€

419.440 €

Aplicación

Importe 2023

11.02.312B.470.0

419.440 €

Total

419.440 €

Aplicación

Importe 2024

38.02.312B.470.0

473.800 €

Total

473.800 €»

Dous. O número 2 do artigo 7, referido aos tipos de axuda e contías, queda redactado como segue:

«2. A axuda polo desenvolvemento do proxecto piloto consistirá nunha achega económica de 19.600 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura. Este importe minorarase proporcionalmente en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

Para os exercicios 2022 e 2023, a prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura consistirá nunha achega económica de 21.560 €/ano. Este importe minorarase proporcionalmente en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

Para o exercicio 2024, a prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura consistirá nunha achega económica de 24.800 €/ano. Este importe minorarase proporcionalmente en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

Nos casos de baixa por maternidade ou permiso de paternidade na anualidade 2024 da persoa titular do recurso, aboarase un complemento da prima de 150 € semanais durante o período que dure a dita baixa».

Tres. O número 4 do artigo 22, referido á xustificación da subvención, pasa a ser o número 5 e o número 4 queda redactado como segue:

«4. Para xustificar a axuda nos casos de baixa por maternidade ou permiso de paternidade da persoa titular do recurso achegarase o parte de baixa correspondente».

Disposición adicional única. Prazo de presentación de solicitudes

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade