DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2024 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020, do contrato administrativo de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora do sistema de abastecemento en Noia (A Coruña), obra con referencia AUG-2023-0090 (expediente AUG-2023-0101).

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES111 Noia.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora do sistema abastecemento en Noia. Noia (A Coruña)-obra con referencia de expediente AUG-2023-0090. Referencia de expediente: AUG-2023-0101.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 22.803,30 euros. Importe total: 27.591,98 euros.

8. Valor estimado do contrato: 30.104,48 euros. Inclúe o orzamento de licitación (22.803,30 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (7.301,18 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 2 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 15 %), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (ponderación 15 %), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %) e sistema de seguimento da programación da obra (ponderación 7 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 2 de abril de 2024.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 9.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 8.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 17 de abril de 2024. Addenda ao contrato asinada o 19 de abril de 2024.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Control y Geología, S.A.

14.2) NIF: A28494359.

14.3) Enderezo: Raimundo Fernández Villaverde, nº 42, 28003 Madrid.

14.4) Código NUTS: ES300.

14.5) Correo electrónico: licitaciones@cygsa.com

14.6) Fax: 915 54 25 13.

14.7) Teléfono: 915 54 88 16.

14.8) Pequena ou mediana empresa: si

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 18.584,69 euros. Importe total: 22.487,47 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 7 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais»; submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía»; prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

O resto do gasto correspondente á actuación cofinanciarase pola Xunta de Galicia nun 17,50 % e pola Administración xeral do Estado (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación) nun 7,50 %.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1) Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 30 de agosto de 2023.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 3 de abril de 2024.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 18 de abril de 2024.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 24 de abril de 2024.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

missing image file