DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de San Sadurniño (expediente DH.W15.99085).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Norte Forestal, S.A.

DNI: ***0224**.

Expediente: DH.W15.99085.

Lugar: Insua.

Parroquia: Ferreira (San Paio).

Concello: San Sadurniño (A Coruña).

Descrición das actuacións:

Acondicionamento de terrazas en parcelas, no polígono 1, parcelas 106, 296 e 297.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, 15008 A Coruña, solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

A Coruña, 27 de xuño de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte