DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44026

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de escola infantil, grupo III, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 24 de novembro de 2022.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 24 de novembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 7 de decembro) para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de escola infantil, grupo III, pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de escola infantil as persoas que superaron o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que as persoas aspirantes se atopen en situación de incapacidade temporal, o prazo para asinar o contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, durante as cales se poderá asinar o contrato.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***4398*

López Tejerina, Lucía

2

***3151**

Garabal Paderne, María del Carmen