DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44028

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (microelectrónica), grupo II, pola quenda de promoción interna, do cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de xuño de 2024 (DOG do 18 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (microelectrónica), grupo II, pola quenda de promoción interna, do cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidente: Abraham Antonio Gallas Torreira, profesor titular da USC.

Vogais:

– Pablo Vázquez Regueiro, profesor titular da USC.

– Alejandra Martínez Maquieira, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Bruno da Cuña Mariño, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretaria: Gloria Ventosa Fernández, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente: Juan José Saborido Silva, catedrático da USC.

Vogais:

– Cibrán Santamarina Ríos, profesor titular da USC.

– María del Pilar Riveiro López, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

– José Antonio Antelo Castelo, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

Secretaria: Silvia María Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela