DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello da Merca (expediente IN407A 2022/124-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de aprecio da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA CEL804, derivada a CT 32CGS6, situada no concello da Merca, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de aprecio atópase ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense), tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 10 de xullo de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados.

Nº de expediente: IN407A 2022/124-3.

Instalación regulamentación LMTA CEL804, derivada a CT 32CGS6.

Concello: A Merca.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio número

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data da acta de ocupación

3

Abelairas

32048A502000450000XT

Herdeiros de Antonio Santos Mouriño

Enderezo descoñecido

11 de agosto de 2023