DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello de Toén (expediente IN407A 2023/235-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución de apoios por fin de vida útil na LAMT 20 kV CAS806 Rairo II 6, entre os apoios B7L317BN (13471479) e B7EBAAO7//D195-24 (13061228), na Casa do Concello de Toén, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 10 de xullo de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/235-3.

Instalación: substitución de apoios por fin de vida útil na LAMT 20 kV CAS806 Rairo II 6, entre os apoios B7L317BN (13471479) e B7EBAAO7//D195-24 (13061228).

Concello: Toén.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Bouzoás

32082A027000250000LE

Descoñecido

Casa do Concello de Toén

24.9.2024

11.30 h

2

Bouzoás

32082A027001870000LS

Descoñecido

Casa do Concello de Toén

24.9.2024

11.40 h