DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Ourense (expediente IN407A 2021/143-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia, relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA SAC803 van entre os apoios núms. 41-6 e 47-7 (Outariz), na casa do concello de Ourense, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da propiedade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 9 de xullo de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/143-3.

Instalación: regulamentación LMTA SAC803, van entre os apoios núm. 41-6 e 47-7 (Outariz).

Concello: Ourense.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

CS Outariz

9994005NG8899D0001SA

Camilo González Prieto

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Ourense

30.9.2024

12.00