DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas, no concello de Vigo, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 8 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/064-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data ocupación

Depósito previo

1

8214711NG1781S0001FS

Descoñecido

8 de agosto de 2024

2024/54/335

2

54057A126002600000BL

Descoñecido

8 de agosto de 2024

2024/54/336

3

54057A126002710000BX

Descoñecido

8 de agosto de 2024

2024/54/337

4

54057A126002770000BU

Descoñecido

8 de agosto de 2024

2024/54/338

5

54057A126002920000BL

Descoñecido

8 de agosto de 2024

2024/54/339