DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 44049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/69-1).

Expediente: IN407A 2023/69-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT e RBT Gosolfre.

Concello: Mazaricos.

Feitos.

1. O día 17.2.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade de subministración no lugar Gosolfre, concello de Mazaricos, polo que se proxecta a instalación dun centro de transformación de intemperie de 50 kVA, unha liña de media tensión aérea que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT TA2809 (IN407A 2016/2132-1), procedente da subestación Tambre II, e a súa conexión coa rede de baixa tensión existente.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Gosolfre, asinado o día 13.12.2022 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.980 de Vigo; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 31.5.2023.

• BOP: 11.5.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 23.5.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 15.9.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Mazaricos e Augas de Galicia.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta do Concello de Mazaricos nin de Augas de Galicia á solicitude de informe.

5. O día 13.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017 polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar Gosolfre, concello de Mazaricos, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTA a 20 kV, de 269 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no novo apoio proxectado tipo C-2000/16, en que se instalará un seccionador de expulsión XS, que substituirá o apoio nº 9KG0DRQ1//90-3 existente da LMT TA2809 (IN407A 2016/2132-1), procedente da subestación Tambre II, e remate no apoio nº CTI proxectado, e retensado dos vans adxacentes da LMT TA2809 ao dito apoio. Instalación de novo apoio tipo C-2000/16 intercalado na nova liña e outro no final da liña tipo C-3000/14 onde se instalará o CTI proxectado.

– CT de intemperie no lugar de Gosolfre, cunha potencia de 50 kVA e cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 1 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados - termo municipal de Mazaricos

LMT, CT e RBT Gosolfre

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea - voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

María Blanco Beiro

María Josefa Caamaño Blanco

Polígono 111, parcela 193

Lameiros

Novo apoio nº 90-3 (apoio nº 1 proxectado)

2

9,7

106,3

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías

2

María Blanco Beiro

María Josefa Caamaño Blanco

Polígono 111, parcela 194

Lameiros

21,5

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

3

Herdeiros de José Lago Ramos

Polígono 111, parcela 196

Lameiros

23,9

230,4

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

4

Herdeiros de José Lago Ramos

Polígono 111, parcela 195

Lameiros

90

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

9

Herdeiros de José María Martínez Beiro

Polígono 111, parcela 201

Pontenova

99,2

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

10

Herdeiros de José María Martínez Beiro

Polígono 111, parcela 202

Pontenova

137,7

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

11

Herdeiros de José María Martínez Beiro

Polígono 111, parcela 204

Pontenova

94,8

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

12

Herdeiros de José María Martínez Beiro

Polígono 111, parcela 203

Pontenova

19

166

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

13

Pedro París Noya

Polígono 111, parcela 205

Pontenova

100

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

14

Pedro París Noya

Polígono 111, parcela 206

Pontenova

11,7

108

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

15

Francisco Pedro Alvite Cacheiro

Polígono 111, parcela 207

Pontenova

19

214

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

16

María Moledo Maneiro

Polígono 111, parcela 209

Pontenova

6,2

Rústico. Agrario.

Eucaliptos

17

Francisco Pedro Alvite Cacheiro

Polígono 111, parcela 208

Pontenova

Apoio nº 2 proxectado

2

26,6

414

Rústico. Agrario.

Eucaliptos

18

Julián Blanco Lago

Polígono 110, parcela 327

Zanquiñeiras

48,7

Rústico. Agrario.

Eucaliptos

19

Julián Blanco Lago

Polígono 110, parcela 328

Zanquiñeiras

Apoio nº 3 proxectado (apoio do CT)

2

51,2

838

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

20

Herdeiros de Manuel José Suárez Lema

Polígono 508, parcela 378

Carballos

157

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

21

Herdeiros de Jaime Regueira Sendón

Polígono 508, parcela 379

Carballos

60

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías