DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43861

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 26 de xuño de 2024 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se vai a notificar

Referencia catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado

Persoa responsable

Costes da

exec. subsidiaria

Orde de execución

(Expediente 1684-2021)

Resolución exec. subs. do 15.5.2024

36043A008002490000JQ 36043A008002490001KW

(Polígono 8, parcela 249)

Forzáns

Ponte Caldelas

Francisco Martínez Martínez

480,00 €

Orde de execución

(Expediente 858-2023)

Resolución exec. subs. do 16.5.2024

36043A007000380000JZ

(Polígono 7, parcela 38)

Caritel

Ponte Caldelas

Rui Alberto Pedroso Lopo

1.920,00 €

Orde de execución

(Expediente 1050-2023)

Resolución exec. subs. do 16.5.2024

36043A009006010000JU (Polígono 9, parcela 601)

Caritel

Ponte Caldelas

Diamantino Lopo González

480,00 €

Orde de execución

(Expediente 1603-2023)

Resolución exec. subs. do 19.6.2024

36043A043002430000JQ (Polígono 43, parcela 243)

A Insua

Ponte Caldelas

Esperanza Regueira Ventín

60,00 €

Orde de execución

(Expediente 363-2023)

Resolución exec. subs. do 26.6.2024

36043A043004430000JQ (Polígono 43, parcela 443)

A Insua

Ponte Caldelas

Guillermo Lopo Orge

480,00 €

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, e para este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, núm. 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o, artigo 22.3, da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, con repercusión dos custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 26 de xuño de 2024

Andrés Díaz Sobral
Alcalde