DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43863

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión do posto de xefa/e do Servizo de Contratación mediante o sistema de concurso específico.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 126, do 28 de xuño de 2024, publicáronse as bases reitoras do concurso específico para a provisión do posto de xefa/e do Servizo de Contratación.

Consonte o establecido na base segunda, o prazo de presentación de solicitudes será de (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A resolución da convocatoria publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo e na epígrafe de emprego da sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 28 de xuño de 2024

O alcalde
P.D. (Resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación

P.D. (Resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023,
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal