DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Tordoia (expediente IN407A 2022/399-1).

Expediente: IN407A 2022/399-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: regulamentación LAMT MEI 823 encoro 23 entre os apoios AAD2MMCS//104-A1 e AAD JTRXO//104-A6.

Concello: Tordoia.

Feitos:

1. O día 22.11.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de acondicionar un tramo da LAMT MEI823 encoro 23 por estragos e irregularidades entre os apoios nº AAD2MMCS//104-A1 e nº AADJTRXO//104-A6.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado regulamentación LAMT MEI 823 encoro 23 entre os apoios AAD2MMCS//104-A1 e AAD JTRXO//104-A6, asinado o día 11.10.2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, colexiado LE-1010; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 9.6.2023.

• BOP: 22.5.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 31.5.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 14.9.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Tordoia, Augas de Galicia e Axencia Estatal de Seguridade Aérea. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 20.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017 polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no concello de Tordoia e as súas características técnicas son as seguintes:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña MEI-823 autorizado no expediente 34.972, de 596,8 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os apoios nº 104-A2 (matrícula AAD45IE2) de formigón tipo S-AL-HV-250/11-BR1-3xCS e nº 104-A6 (matrícula AADJTRXO) de formigón tipo S-AL-HV-250/13-BR1-3xCS/CR1-3xCA, consistente en:

• Substitución, respectando a súa situación actual na parcela con referencia catastral 15085A50200302, do apoio nº 104-A3 (matrícula AAD9DLLC) de formigón tipo S-AL-HV-BR1-3xCS, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/16-T35/180-6xCA(CS).

• Substitución, respectando a súa situación actual na parcela con referencia catastral 15085A50200303, do apoio nº 104-A4 (matrícula AADCDDOR) de formigón tipo S-AL-HV-BR1-3xCS, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/18-T35/180-6xCA (CS).

• Instalación dunha nova cruceta tipo bóveda B2-3xCS no apoio nº 104-A5 (matrícula AADICVWC) de formigón tipo S-AL-HV-250/13-BR1-3xCS, que se mantén.

• Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente), no treito da liña MEI-823 de 673,6 metros de lonxitude comprendido entre os apoios nº 104-A1 (matrícula AAD2MMCS) de formigón tipo S-AL-HV-250/13-BR1-3xCS e nº 104-A6 existentes.

4. Non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso e a ocupación en pleno dominio.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 1 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Termo municipal de Tordoia.

Expediente: IN407A 2022/399-1.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

1

Estrella Vilariño Couselo

15085A50200302

Polígono 502, parcela 302

Veira do Río

Novo apoio nº 104-A3

2

Prados ou praderías

2

Manuel Becerra Pena

15085A50200303

Polígono 502, parcela 303

Veira do Río

Novo apoio nº 104-A4

2

Eucaliptus.

Prados ou praderías