DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2022/366-1).

Expediente: IN407A 2022/366-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: regulamentación LMT BOI804-apoios 9KLLWCC5//74 e 9KMADLQD//75.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Feitos:

1. O día 8.11.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de realizar obras de regulamentación na liña de distribución LMT BOI804 Montaña-Pobra, 4 (expediente 50315) procedente da subestación de Boiro, no lugar de Roupión, concello da Pobra do Caramiñal, proxéctase o recuamento dun tramo aéreo da dita liña, instalando un tramo soterrado.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado regulamentación LMT BOI804-Apoios 9KLLWCC5//74 e 9KMADLQD//75, asinado o día 4.10.2022 por Rubén Maceiras Sánchez, enxeñeiro técnico industrial, especialidade Electrónica Industrial; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada. O día 8.2.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. comunica que chegou a un acordo co propietario do predio con referencia catastral 15068A011002770000YA, que figura como número 1 nesa relación.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un Acordo do 2.3.2023 publicado nos seguintes medios:

• Portal da Transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 24.3.2023.

• BOP: 8.3.2023.

Xornal La Voz de Galicia: 14.3.2023.

Con datas 3.3.2023 e do 15.5.2023 solicitouse ao Concello de Arzúa a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización do trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello da Pobra do Caramiñal, Deputación Provincial da Coruña e Telefónica. UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos (Telefónica). O concello manifesta a súa desconformidade por non soterrarse a totalidade da liña. UFD responde cun informe xustificativo, que de novo é remitido ao concello sen que conste oposición pola súa parte.

5. O día 21.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017 polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Roupión, concello da Pobra do Caramiñal, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 232 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº 9KLLWCC5//74 que se vai substituír por tipo C-3000/14 da LMT BOI804 Montaña-Pobra 4 (expedediente 50.315), procedente da subestación de Boiro, e remate no PA/S proxectado no apoio nº 9KMADLQD//75 que se vai substituír por tipo C-2000/16. Desmontaxe do tramo aéreo comprendido entre estes apoios. Substitución do apoio nº 73 por tipo C-2000/14. Novas cadeas con alargadeiras no apoio nº 9KNMR2X6//76 existente.

– LMTA: retensado dos tramos existentes entre os apoios 72 e 74 e entre o 75 e 76.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 1 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello da Pobra do Caramiñal.

Expediente: IN407A 2022/366-1.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

José Pérez Cameán

4688706NH0148N0001HA

Roupión

Apoio nº 74

2

Urbano. Solo sen edificar

3

José Pérez Cameán

4786210NH0148N0001PA

A Granxa

Apoio nº 75

2

2

6

Urbano. Solo sen edificar