DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacions (PEID) con destino a centro de educación infantil na base General Morillo.

O Pleno do Concello de Vilaboa, na sesión extraordinaria do 21 de xuño de 2024, acordou:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID)-centro de educación infantil na base General Morillo (Vilaboa) non previsto no plan xeral.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá facerse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, xunto coa publicación do acordo publicarase a indicación das medidas adoitadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, e achegar un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificase a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro».

O contido íntegro do plan especial atópase á disposición do público no enderezo electrónico do portal de transparencia: https://vilaboa.sedelectronica.es/transparency

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado plan especial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vilaboa, 27 de xuño de 2024

César Poza González
Alcalde