DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43456

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle na avenida Rodrigo de Mendoza, s/n, esquina rúa Ramón Cabanillas.

Mediante a Resolución desta alcaldía, do 17 de xuño de 2024, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para a reordenación de volumes que se van desenvolver na parcela con referencia catastral 9859801NH0001HG, situada na avenida Rodrigo de Mendoza, s/n, esquina rúa Ramón Cabanillas, promovido por ORV Contrataciones de Galicia, S.L. e redactado polo arquitecto Carlos Berride Abalo, asinado dixitalmente o 10 de abril de 2024.

Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o estudo estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse reclamacións ou alegacións nese prazo.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (http://sede.vilagarcia.gal).

Vilagarcía de Arousa, 17 de xuño de 2024

Alberto Varela Paz
Alcalde