DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43266

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2024 e 2025 (código de procedemento TR811A).

Mediante a Orde do 27 de decembro de 2023, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 17, do 24 de xaneiro de 2024, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

A Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social é o órgano competente para ditar esta resolución segundo o disposto na disposición derradeira primeira da Orde do 27 de decembro de 2023 e o establecido no artigo 43.1.b) do Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

No artigo 37.1 da devandita orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións 44.04.324C.444.0, 44.04.324C.445.0, 44.04.324C.460.0 e 44.04.324C.481.1, cunha contía inicial de seiscentos noventa mil euros (690.000 €) distribuída en dúas anualidades, correspondentes a fondos finalistas do Estado.

No artigo 37.2 establécese que a distribución inicial poderá alterarse, logo das modificacións orzamentarias precisas, en función da tipoloxía das entidades que vaian realizar as actividades que resulten subvencionadas.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, cómpre unha redistribución do crédito das distintas aplicacións orzamentarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2024 e 2025, sen variar o orzamento total, da seguinte maneira:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total

44.04.324C.444.0

10.060,00 €

57.240,00 €

67.300,00 €

44.04.324C.445.0

0,00 €

0,00 €

0,00 €

44.04.324C.460.0

76.824,16 €

10.930,00 €

87.754,16 €

44.04.324C.481.1

143.505,11 €

356.429,60 €

499.934,71 €

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social