DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43121

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación da corrección de erros materiais da modificación puntual número 3 das normas subsidiarias de Cotobade, do Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), PTU-PO-17/116.

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación da corrección de erros materiais da modificación puntual número 3 das normas subsidiarias de Cotobade, do Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) PTU-PO-17/116, mediante a Orde da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, do 8 de xullo de 2024, que figura como anexo.

Unha vez inscrita a devandita corrección de erros materiais no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, a súa documentación íntegra, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo

TEXTO

Orde de aprobación da corrección de erros materiais da modificación puntual número 3 das normas subsidiarias de Cotobade, do Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), PTU-PO-17/116.

O 31.5.2024 tivo entrada no Rexistro da Xunta de Galicia documentación achegada polo Concello de Cerdedo-Cotobade sobre a corrección de erros número 1 da modificación puntual número 3 das normas subsidiarias de planeamento (en diante, NNSSP) de Cotobade.

Analizada a documentación achegada e, vista a proposta literal que eleva a Dirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Cerdedo-Cotobade, resultante da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade aprobada mediante o Decreto 134/2016, do 22 de setembro (DOG núm. 198), conta cun plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para a zona de Cerdedo, aprobado definitivamente o 23.9.2014 (BOP do 21.10.2014 e DOG do 6.10.2014) e unhas normas subsidiarias de planeamento para a zona de Cotobade, aprobadas o 25.2.1997 (BOP do 12.3.1997 e DOG do 20.3.1997).

I.2. Mediante Resolución da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 10 de maio de 2021 aprobouse definitivamente a modificación puntual número 3 das NNSSP de Cotobade. Consta a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia (actualmente Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia) o 14.6.2022.

I.3. O Concello xunta certificado da Secretaría municipal do 31 de maio de 2024 no seguinte sentido:

«[...] Que na sesión que tivo lugar na data indicada [30.5.2024] adoptouse o seguinte

ACORDO:

[...] Primeiro: corrixir a ordenanza número 4 transcrita no punto 7.2 da modificación puntual número 3 que pasa a ter o seguinte teor literal.

[...] Segundo: corrixir a ordenanza número 4 modificada pola modificación puntual número 3 que pasa a ter o seguinte teor literal:

[...] Terceiro: elevar o acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa aprobación definitiva».

I.5. Segundo os antecedentes dese acordo, a modificación tiña os seguintes obxectivos:

– Cambiar a cualificación de tres parcelas, clasificadas como solo urbano de núcleo rural e cualificadas coa ordenanza número 1, de solo urbano de núcleo rural, para permitir a implantación dun aparcadoiro público en superficie, asignándolles a ordenanza 2A, de equipamentos.

– Modificar dúas ordenanzas das NNSSP: a ordenanza 2A, de equipamentos, para permitir a implantación de máis usos de equipamento que os actuais; e a ordenanza número 4, de solo non urbanizable de núcleos rurais, para permitir e regular a execución de equipamentos.

Advertido un erro no documento aprobado e inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, acométese a emenda deste.

II. Análise e consideracións.

II.1. A solicitude de corrección de erros fundaméntase na documentación achegada.

II.2. Desde o Concello de Cerdedo-Cotobade achégase xustificación á corrección de erros con base no citado acordo. Indícase que un dos obxectivos da modificación puntual era modificar a ordenanza número 4, de solo non urbanizable de núcleos rurais, para permitir e regular a execución de equipamentos. A ordenanza foi transcrita co seguinte teor:

Ordenanza número 4.

Solo non urbanizable de núcleos rurais.

1. Ámbito de aplicación.

Será de aplicación:

a) Nos núcleos delimitados como tales e sinalados nos planos de ordenación. Ordenanza número 4.

b) Nunha área de tolerancia exterior do núcleo rural, tanto para aqueles clasificados como urbanos como para os non urbanizables, constituída por unha franxa de 40 metros de profundidade, paralela á liña poligonal da delimitación dos núcleos sinalados nos planos de ordenación. Ordenanza número 4-A.

2. Usos permitidos.

a) Permítense os seguintes usos:

* Vivenda.

* Industrial.

Categoría 1ª grupos 1, 2, 3, 5, 6, 7 e 8.

Categoría 2ª grupos 5 e 7.

As actividades industriais existentes á entrada en vigor da presente normativa, e que non se atopen incluídas en ningunha das categorías ou grupos sinalados, poderán continuar a súa actividade sempre e cando non prexudiquen a vida residencial, de acordo co Regulamento de actividades nocivas e perigosas.

* Garaxe-aparcadoiro.

Categoría 1ª.

* Hoteleiro. Categoría 2ª.

b) En solo non urbanizable de núcleo rural e na área de tolerancia exterior, non será necesario xustificar a imposibilidade de formación de núcleo para a autorización de edificacións ou instalacións.

c) Poderanse autorizar edificacións, conforme o establecido no artigo 42 da Lei de adaptación do solo a Galicia, coas limitacións sinaladas nos puntos 3.5.3 e 3.5.4 referentes ao cambio de clasificación do solo e redacción de plans especiais de mellora do medio.

d) De conformidade co disposto no artigo 21.2 da Lei de adaptación do solo a Galicia, non se requirirá a autorización previa da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e concederá as licenzas directamente o Concello, cando se trate de edificacións para vivenda familiar e instalacións complementarias.

3. Condicións xerais.

As edificacións que se autoricen cumprirán as condicións sinaladas nos artigos 15, 16, 17, 18 e 19 punto 2 das normas complementarias e subsidiarias da provincia de Pontevedra.

4. Condicións de edificación.

A edificación nos núcleos rurais de poboación axustarase ás seguintes determinacións:

a) Tipoloxía: as edificacións harmonizarán coas tipoloxías tradicionais existentes ou dominantes no asentamento, e admitiranse, polo tanto, edificacións apoiadas noutras conformadoras do continuo urbano e edificacións illadas.

b) Parcela mínima:

No núcleo rural: 600 m2.

Na área de tolerancia exterior: 1.000 m2.

Poderanse autorizar edificacións en parcelas de menor tamaño naqueles supostos en que se poña de manifesto a imposibilidade física de cubrir estes mínimos.

c) Edificabilidade máxima: 0,40 m2/m2.

d) Recuamentos:

– A vías públicas: en tramos de vía non consolidados. Aplicarase o previsto para o solo non urbanizable común. No caso de tramos de vías consolidados pola edificación manteranse as aliñacións existentes. Enténdese por tramo de vía consolidado aquel no que a edificación ocupe polo menos 2/3 da súa lonxitude, medida entre dúas edificacións.

– A lindeiros:

Mínimo 3,00 m.

Poderanse autorizar edificacións unidas a paramentos cegos de edificacións existentes.

e) Ocupación máxima da parcela polas edificacións: 30 %.

Cando se dá excepción da letra b) e se trate de parcelas de superficie menor que a mínima sinalada, a ocupación poderá superar a porcentaxe expresada, fixándose un fondo máximo de 12,00 m.

f) Pendente máxima de cuberta: 70 %, con altura máxima de tellado de 4 m.

g) Altura máxima: baixo + 1 planta, cunha altura máxima de 7,00 metros medidos no centro das fachadas, desde a rasante do terreo ata o arranque inferior da vertente de cuberta. Non se contabilizarán no número de plantas os sotos cando sobresaian, como máximo, 0,60 metros desde a rasante do terreo.

h) Aproveitamento baixo cuberta: permítese, sen computar a súa superficie para os efectos de determinar a máxima edificabilidade, se é o caso.

i) Beirís: lonxitude máxima, 1 metro.

Comparada a transcrición da ordenanza 4 recollida na modificación puntual en relación coa recollida nas normas subsidiarias de planeamento de Cotobade (BOP do 12.3.1997) obsérvase un erro, ao eliminarse inxustificadamente, de entre os usos permitidos, o comercial, como consta no teor literal do documento publicado no BOP do 12.3.1997:

Ordenanza número 4.

Solo non urbanizable de núcleos rurais.

1. Ámbito de aplicación.

Será de aplicación:

a) Nos núcleos delimitados como tales e sinalados nos planos de ordenación. Ordenanza número 4.

b) Nunha área de tolerancia exterior do núcleo rural, tanto para aqueles clasificados como urbanos como para os non urbanizables, constituída por unha franxa de 40 metros de profundidade, paralela á liña poligonal da delimitación dos núcleos sinalados nos planos de ordenación. Ordenanza número 4-A.

2. Usos permitidos.

a) Permítense os seguintes usos:

* Vivenda.

* Comercial.

* Industrial.

Categoría 1ª grupos 1, 2, 3, 5, 6, 7 e 8.

Categoría 2ª grupos 5 e 7.

As actividades industriais existentes á entrada en vigor da presente normativa, e que non se atopen incluídas en ningunha das categorías ou grupos sinalados, poderán continuar a súa actividade sempre e cando non prexudiquen a vida residencial, de acordo co Regulamento de actividades nocivas e perigosas.

* Garaxe-aparcadoiro.

Categoría 1ª.

* Hoteleiro. Categoría 2ª.

b) En solo non urbanizable de núcleo rural e na área de tolerancia exterior, non será necesario xustificar a imposibilidade de formación de núcleo para a autorización de edificacións ou instalacións.

c) Poderanse autorizar edificacións, conforme o establecido no artigo 42 da Lei de adaptación do solo a Galicia, coas limitacións sinaladas nos puntos 3.5.3 e 3.5.4 referentes ao cambio de clasificación do solo e redacción de plans especiais de mellora do medio.

d) De conformidade co disposto no artigo 21.2 da Lei de adaptación do solo a Galicia, non se requirirá a autorización previa da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e concederá as licenzas directamente o Concello, cando se trate de edificacións para vivenda familiar e instalacións complementarias.

3. Condicións xerais.

As edificacións que se autoricen cumprirán as condicións sinaladas nos artigos 15, 16, 17, 18 e 19 punto 2 das normas complementarias e subsidiarias da provincia de Pontevedra.

4. Condicións de edificación.

A edificación nos núcleos rurais de poboación axustarase ás seguintes determinacións:

a) Tipoloxía: as edificacións harmonizarán coas tipoloxías tradicionais existentes ou dominantes no asentamento, admitíndose, polo tanto, edificacións apoiadas noutras conformadoras do continuo urbano e edificacións illadas.

b) Parcela mínima:

No núcleo rural: 600 m2.

Na área de tolerancia exterior: 1.000 m2.

Poderanse autorizar edificacións en parcelas de menor tamaño naqueles supostos en que se poña de manifesto a imposibilidade física de cubrir estes mínimos.

c) Edificabilidade máxima: 0,40 m2/m2.

d) Recuamentos:

– A vías públicas: en tramos de vía non consolidados. Aplicarase o previsto para o solo non urbanizable común. No caso de tramos de vías consolidados pola edificación manteranse as aliñacións existentes. Enténdese por tramo de vía consolidado aquel no que a edificación ocupe polo menos 2/3 da súa lonxitude, medida entre dúas edificacións.

– A lindeiros:

Mínimo 3,00 m.

Poderanse autorizar edificacións unidas a paramentos cegos de edificacións existentes.

e) Ocupación máxima da parcela polas edificacións: 30 %.

Cando se dá excepción da alínea b) e se trate de parcelas de superficie menor que a mínima sinalada, a ocupación poderá superar a porcentaxe expresada, fixándose un fondo máximo de 12,00 m.

f) Pendente máxima de cuberta: 70 %, con altura máxima de tellado de 4 m.

g) Altura máxima: baixo + 1 planta, cunha altura máxima de 7,00 metros medidos no centro das fachadas, desde a rasante do terreo ata o arranque inferior da vertente de cuberta. Non se contabilizarán no número de plantas os sotos cando sobresaian, como máximo, 0,60 metros desde a rasante do terreo.

h) Aproveitamento baixo cuberta: Permítese, sen computar a súa superficie para os efectos de determinar a máxima edificabilidade, se é o caso.

i) Beirís: lonxitude máxima, 1 metro.

Esta ordenanza número 4, transcrita con erros, deu pé á redacción da ordenanza modificada pola modificación puntual número 3, na que se pretendía a inclusión, ademais dos xa permitidos, do uso de equipamentos, non recollido na redacción orixinal:

Ordenanza número 4.

Solo non urbanizable de núcleos rurais.

1. Ámbito de aplicación. Será de aplicación:

a) Nos núcleos delimitados como tales e sinalados nos planos de ordenación. Ordenanza número 4.

b) Nunha área de tolerancia exterior do núcleo rural, tanto para aqueles clasificados como urbanos coma para os non urbanizables, constituída por unha franxa de 40 metros de profundidade, paralela á liña poligonal da delimitación dos núcleos sinalados nos planos de ordenación. Ordenanza número 4-A.

2. Usos permitidos.

a) Permítense os seguintes usos:

* Vivenda.

* Industrial. Categoría 1ª grupos 1, 2, 3, 5, 6, 7 e 8. Categoría 2ª grupos 5 e 7.

As actividades industriais existentes á entrada en vigor da presente normativa, e que non se atopen incluídas en ningunha das categorías ou grupos sinalados, poderán continuar a súa actividade sempre e cando non prexudiquen a vida residencial, de acordo co Regulamento de actividades nocivas e perigosas.

* Garaxe-aparcamento. Categoría 1ª.

* Hoteleiro. Categoría 2ª.

* Equipamentos de uso público de escala local dedicados aos seguintes usos:

a) Sanitario-asistencial: instalacións e servizos sanitarios, de asistencia e benestar social.

b) Educativo: centros docentes e de ensinanza, en todos os seus niveis e para todas as materias obxecto de ensino.

c) Cultural: bibliotecas, museos, teatros, auditorios e outros de análoga finalidade.

d) Deportivo: instalacións para a práctica de deportes en recintos pechados, tanto ao aire libre como no interior.

e) Administrativo-institucional: edificios institucionais e dependencias administrativas, xudiciais e outras de análoga finalidade.

f) Servizos públicos: protección civil, seguridade cidadá, cemiterios, prazas de abastos e outros análogos.

g) Dotacional múltiple.

3. Condicións xerais. As edificacións que se autoricen cumprirán as condicións sinaladas nos artigos correspondentes do plan básico autonómico.

4. Condicións de edificación. A edificación nos núcleos rurais de poboación axustarase ás seguintes determinacións:

a) Tipoloxía: as edificacións harmonizarán coas tipoloxías tradicionais existentes ou dominantes no asentamento, admitíndose, polo tanto, edificacións apoiadas noutras conformadoras do continuo urbano e edificacións illadas.

b) Parcela mínima:

No núcleo rural: 600 m2.

Na área de tolerancia exterior: 1.000 m2.

Poderanse autorizar edificacións en parcelas de menor tamaño naqueles supostos en que se poña de manifesto a imposibilidade física de cubrir estes mínimos.

c) Edificabilidade máxima: 0,40 m2/m2.

d) Recuamentos:

– A vías públicas: en tramos de vía non consolidados. Aplicarase o previsto para o solo non urbanizable común. No caso de tramos de vías consolidados pola edificación manteranse as aliñacións existentes. Enténdese por tramo de vía consolidado aquel no que a edificación ocupe polo menos 2/3 da súa lonxitude, medida entre dúas edificacións.

– A lindeiros: mínimo 3,00 m. Poderanse autorizar edificacións unidas a paramentos cegos de edificacións existentes.

e) Ocupación máxima da parcela polas edificacións: 30 %. Cando se dá a excepción da alínea b) e se trate de parcelas de superficie menor que a mínima sinalada, a ocupación poderá superar a porcentaxe expresada, fixándose un fondo máximo de 12,00 m.

f) Pendente máxima de cuberta: 70 %, con altura máxima de tellado de 4 m. No ámbito dos contornos de protección de elementos catalogados a pendente máxima non superará as das edificacións tradicionais do contorno.

g) Altura máxima: baixo + 1 planta, cunha altura máxima de 7,00 metros medidos no centro das fachadas, desde a rasante do terreo ata o arrinque inferior da vertente de cuberta. Non se contabilizarán no número de plantas os sotos cando sobresaian, como máximo, 0,60 metros desde a rasante do terreo.

h) Aproveitamento baixo cuberta: permítese, sen computar a súa superficie para os efectos de determinar a máxima edificabilidade, se é o caso.

i) Beirís: lonxitude máxima, 1 metro.

j) No caso de execución de equipamentos de uso público, as construcións serán de volumetría e características tipolóxicas similares ás edificacións existentes no núcleo.

Polo tanto, un erro na transcrición da redacción orixinaria da ordenanza número 4 vixente deu pé á redacción dunha nova ordenanza que mantén o erro da primeira transcrición, erro que pretende emendarse tendo en conta que o uso comercial é plenamente admisible dentro da clasificación de solo de núcleo rural e compatible co uso característico residencial das edificacións dos núcleos rurais, segundo o disposto na Lei 2/2016, do solo de Galicia.

II.3. A corrección de erros está regulada no artigo 109 (Revogación de actos e rectificación de erros) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), que se refire así no seu número 2: «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos».

A xustificación da existencia do erro na transcrición imperfecta da redacción orixinaria da ordenanza número 4, eliminando o uso comercial do solo de núcleo rural, erro que se arrastra na redacción da nova ordenanza proposta sen indicar en ningún momento a intención de eliminar este uso, resulta coherente, clara e evidente.

O alcance da corrección de erros circunscríbese exclusivamente á ordenanza número 4 transcrita na modificación puntual número 3 e á ordenanza número 4 modificada, froito da aprobación da citada modificación puntual 3, e non implica ningunha outra modificación da modificación puntual número 3. Daquela, procede a súa rectificación ao abeiro do previsto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

III. Competencia.

O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas establece que «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes non seus actos».

A competencia para resolver correspóndelle á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 60, 61 e 83.5 da Lei do solo de Galicia, e no Decreto 142/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

IV. Orde.

En consecuencia, e á vista do anteriormente exposto,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a corrección de erros da modificación puntual número 3 das NNSSP de Cotobade, consistente en incluír o uso comercial na Ordenanza número 4.

2. Deberá achegarse o documento en soporte dixital non editable asinado polo redactor e debidamente dilixenciado, deixando constancia visible da condición de documento aprobado provisionalmente polo pleno a través do texto da dilixencia e da sinatura electrónica que a acredite, segundo se recolle no artigo 22 das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

3. De conformidade cos artigos 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Urbanismo inscribirá, de oficio, a corrección de erros no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

4. De acordo co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei do solo de Galicia, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e ordenanzas, unha vez inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico.

5. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

6. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 a 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.