DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2024/024-1).

Expediente: IN407A 2024/024-1.

Promotor: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Proxecto: LMT interconexión Xesta-Toural e novo CS Navallos.

Concello: A Laracha.

Feitos

1. O día 29.1.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar o mallado e a manobrabilidade da rede de distribución en media tensión existente na paraxe de Navallos e no lugar da Baiuca, na parroquia de San Pedro de Soandres, concello da Laracha, coa finalidade dunha redución de perdas técnicas e un aumento da súa capacidade, así como unha mellora da calidade da subministración reducindo os tempos de interrupcións nos centros de transformación existentes situados nos lugares de Riba, Arganal, Baiuca, Portodoso, Campo da Ran, Villamir, Taboas, Condesuso, Borreiros, Santa Baia, Vista Alegre e Mantiñan e, do mesmo xeito, aumentar a posibilidade dunha maior integración de enerxías renovables na zona, proxéctase a instalación dun novo centro de seccionamento, unha liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT Der, a interconexión LP2 (IN407A 2002/104-1), e unha liña de media tensión soterrada que o conectará co centro de transformación proxectado CT A Baiuca-Soandres (IN407A 2024/017-1).

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT interconexión Xesta-Toural e novo CS Navallos, asinado o día 24.1.2024 por Juan Jesús Arijón Lafuente, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.608 da Coruña; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de Transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 5.4.2024.

• BOP: 18.3.2024.

• Xornal La Voz de Galicia: 15.3.2024.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 29.4.2024.

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello da Laracha e Servizo de Montes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 12.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas na paraxe de Navallos e no lugar da Baiuca, na parroquia de San Pedro de Soandres, concello da Laracha, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 15 kV, de 2x26 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, coa orixe e remate no PA/S con pararraios autoválvulas proxectados no apoio nº 49-25 existente tipo HV-1000/13 da LMT Der, a interconexión LP2 (IN407A 2002/104-1), facendo E/S no CS proxectado.

– LMTS a 15 kV, de 1.274 m , condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, coa orixe e remate no CS proxectado e remate no CT A Baiuca-Soandres (IN407A 2024/017-1).

– CS compacto prefabricado de manobra interior, cunha configuración 3L (E/S + saída a CT A Baiuca-Soandres)+1 SS.AA.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados.

LMT interconexión Xesta-Toural e novo CS Navallos (A Laracha)

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Natureza do terreo

Lugar

LMT soterrada

(servidume de paso de

enerxía eléctrica)

Afección pleno dominio

(centro de seccionamento)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

Superficie edificio (m2)

Beirarrúa

(m2)

Acceso

(m2)

1

Herdeiros de Julio

Naveira Montero

15042A102001210000RI

Pradaría

Navallos

8

15

32