DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 21 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Ribeira (expediente IN407A 2024/046-1).

Expediente: IN407A 2024/046-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: ampliación de potencia CT Laxes (15AZ16).

Termo municipal: Ribeira.

1. Características técnicas:

Ampliación de potencia do CT Laxes (15AZ16) de 50 a 100 kVA, con relación de transformación 20/0,4 kV, tipo intemperie e alimentado pola liña media tensión aérea PMR-806 a 20 kV. O novo transformador proxectado instalarase nun novo apoio de tipo C-2000/12.

O proxecto tamén prevé a substitución do condutor existente LAC-28 por LA-56, nun tramo de 39 m, da LAT de 20 kV pertencente á PMR-806, que alimenta o CT. Así mesmo, está prevista a substitución do XS existente no apoio anterior ao do CT.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que se omitisen. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 21 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Ribeira

Expediente: IN407A 2024/046-1

Nº parcela

Lugar

Referencia Catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Espiñal

15074A921004740000UT

Rústico. Agrario.

Labor ou Labradío secaño

Alejandra Folgar Saíñas

5.3

75.0

2

Espiñal

15074A921004700000UG

Rústico. Agrario.

Labor ou Labradío secaño

Herdeiros de José Ayaso Saíñas

83.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2. m2 sot.: superficie de servidume soterrada.