DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2024/139-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio Social: avenida de América, núm. 38, 28028 Madrid.

– Denominación: substitución dos apoios A2JIV125//A2JIV125, A31TMPN9 e A328U4PN//A328U4PN da LMTA DC TUI807.

– Situación: Tui.

– Descricións técnicas:

Substitución do apoio A2JIV125//A2JIV125 da liña de media tensión aérea (LMTA) DC TUI807, tramo TUI8070309 e TUI8070310, substitución do apoio A31TMPN9 do tramo TUI8070249 e substitución do apoio A328U4PN//A328U4PN do tramo TUI8070261 por un apoio C-1000/14 e dous C-1000/16, respectivamente.

LMTA a 20 kV, con condutor LA-110, de 2 x 128 metros de lonxitude, coa orixe no apoio A2IWO2IX//A2IWO2IX e final no apoio proxectado C-1000/14.

LMTA a 20 kV, con condutor LA-110, de 2 x 100 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-1000/16 (1) e final no apoio proxectado C-1000/16 (2).

A instalación está situada nos lugares de Arroio e Magdalena, nas parroquias de Ribadelouro e Rebordáns, no municipio de Tui (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2024/139-4.

Denominación: substitución dos apoios A2JIV125//A2JIV125, A31TMPN9 e A328U4PN//A328U4PN da LMTA DC TUI807.

Concello: Tui.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

A Fonte

Rústico

36055A049003220000UZ

Susana Pereira López

1

1,44

2

Regouzo

Rústico

36055A006001120000UF

Eurobandas

2

1,69

3

Regouzo

Rústico

36055A006000180000UK

Eva Paramos Estévez

3

1,69