DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/415-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida de América, núm. 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LMTS TRO701, LMTS TRO703 e substitución CT Fonte das Mozas (36AY95) e Sampaio, 2 (36CDL2).

– Situación: Vigo.

– Descricións técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en cinco actuacións. A primeira é de 874 metros, coa orixe no empalme coa liña de media tensión subterránea (LMTS) TRO7012618, na parcela do número 204 da travesía de Vigo, e final no centro de transformación proxectado nº 1 (CT-1). A segunda é de 901 metros, coa orixe no CT-1 proxectado e final no apoio AOKCAWEO//D13 existente da LMTA TRO7012627, no número 84-A da rúa Areeiros. A terceira é de 1.489 metros, coa orixe no empalme coa LMTS TRO7035439, na parcela do número 204 da travesía de Vigo, e final no centro de transformación proxectado nº 2 (CT-2). A cuarta é de 155 metros, coa orixe no CT-2 proxectado e final no apoio AOG352JS//D10-1 existente da LMTA TRO7035428, fronte ao número 52 da rúa Figueiro, mediante paso aéreo subterráneo. A quinta é de 273 metros, coa orixe no CT-2 proxectado e final no centro de transformación existente Sampaio (36C969), no número 84-A da rúa Areeiros.

Centro de transformación nº 1 (CT-1) a 250 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54057A022005810000AF, na rúa dos Salcides, no lugar de Poulo.

Centro de transformación nº 2 (CT-2) a 250 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 6068512NG2766N0000GM, a carón do nº 54 da rúa Figueiro.

Retirada dos centros de transformación Fonte das Mozas (36AY95) e Sampaio, 2 (36CDL2).

As instalacións están situadas nas rúas Cantabria, Pouleira, Fonte das Mozas, Figueiro, Salcides e Areeiro, no lugar de Poulo, parroquia de Teis, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/415-4.

Denominación: LMTS TRO701, LMTS TRO703 e substitución CT Fonte das Mozas (36AY95) e Sampaio, 2 (36CDL2).

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Poulo

Rústico

54057A022005810000AF

Rosa Docamiño Martínez

16,81

3,49

16,95

2

Figueiro-

Lavadores

Rústico

6068512NG2766N0000GM

Descoñecido/a

35,58

4,32

30,69