DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2023/224-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: ampliación da subestación Barreiros 132/20 kV cunha nova posición de liña de 132 kV.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas principais:

Ampliación da S.E. Barreiros 132 kV, consistente en:

Nova posición de liña de 132 kV formada por:

• Tres (3) transformadores de tensión de liña.

• Tres (3) pararraios de óxido de cinc.

• Tres (3) terminais cable-aire.

• Un equipamento híbrido formado por:

Un (1) seccionador de liña trifásico con coitelas de PAT motorizado.

Tres (3) transformadores de intensidade para medida.

Tres (3) transformadores de intensidade para contaxe, medida e protección.

Un (1) interruptor trifásico.

Dous (2) seccionador de barras trifásicos motorizados.

Nove (9) terminais aire-SF6.

Finalidade da instalación: evacuación de enerxía producida por un parque eólico.

Orzamento: 572.178,63 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Barreiros.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 8 de xullo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo