DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2024/162-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727.

Situación: O Porriño.

Características técnicas:

Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da liña de media tensión aérea (LMTA) ATI727, por un apoio C-3000/16 e instalación de un novo apoio C-4500/18.

LMTA a 15 kV, con condutor LA-56 en tres actuacións. A primeira é de 94 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio proxectado C-4500/18. A segunda é de 143 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio existente HV-630/15 (A1RODG2R//T16-23-1). A terceira é de 120 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-4500/18 e final no apoio existente CH-1000/13 (A1PGDDAI1).

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 517 metros de lonxitude, con orixe no apoio existe celosía (A22BP0E0//T16-17) e final no apoio proxectado C-3000/16.

A instalación está situada no Casal, na parroquia de Mosende, no municipio do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2024/162-4.

Denominación: substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727.

Concello: O Porriño.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

Núm.

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Pereiras

Rústico

36039A036003300000DI

Descoñecido/a

1

1,69

2,73

8,20

2

Novas

Rústico

36039A036003020000DZ

Juan Carlos González Rodríguez

2

1,96

14,64

35,55

3

Novas

Rústico

36039A036003030000DU

Descoñecido/a

38,30

184,41

4

Novas

Rústico

36039A036003040000DH

Hrdos. de José Luis Alonso Serodio

52,61

269,08

5

Novas

Rústico

36039A036003050000DW

Descoñecido/a

17,03