DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 42992

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024 pola que se nomean funcionarios/as de carreira das distintas escalas técnicas de grao medio, subgrupo A2, polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, nas distintas escalas técnicas de grao medio (subgrupo A2) da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG do 8 de outubro).

Verificada a concorrencia nos/nas aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2024,

Resolve:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira das distintas escalas técnicas de grao medio (subgrupo A2) da Universidade da Coruña os/as aspirantes aprobados/as, polo sistema de promoción interna, que se relacionan no anexo, ordenados/as consonte a puntuación final acadada.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 10 de xullo de 2024

Mª Jesús Grela Barreira
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escalas técnicas, subgrupo A2

DNI

Nome e apelidos

TOTAL

Escala técnica de grao medio subescala Biología – subgrupo A2

***8559**

Caramelo Rego, Carlos

66,125

Escala técnica de grao medio subescala Electricidad – subgrupo A2

***1126**

Ledo Pernas, Félix

67,074

Escala técnica de grao medio subescala Mecánica – subgrupo A2

***4928**

Nieto San Martín, José María

73,933

***1131**

Varela López, Juan Carlos

78,400

Escala técnica de grao medio subescala Química – subgrupo A2

***2296**

Castro Couceiro, Ada

81,174

***2864**

Montoiro Pereiro, Cristina

79,150

***3574**

Rega López, Miriam

80,683