DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 42991

IV. Oposicións e concursos

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de xuño de 2024 pola que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe/a de sección; na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a; e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 121, do 24 de xuño de 2024, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 38555, na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a, relación de persoas aspirantes admitidas, onde di: «Balea Campo, Manuela», debe dicir: «Balea Campos, Manuela».