DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 42820

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 168/2024, do 8 de xullo, polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os termos municipais dos concellos de Sober e Monforte de Lemos.

Con data do 11.12.2013 o pleno do Concello do Sober acordou incoar un expediente de deslindamento entre este o seu termo municipal e o de Monforte de Lemos, na zona de Reboredo, seguindo o procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Con data do 6.5.2014 recíbese na Dirección Xeral da Administración Local a acta da comisión de deslindamento do 23.4.2014 e a documentación xustificativa da proposta de deslindamento do Concello de Sober.

Con data do 29.7.2014 recíbese na Dirección Xeral da Administración Local a acta de deslindamento do 19.6.2014 e a documentación xustificativa da proposta de deslindamento do Concello de Monforte de Lemos.

Con data do 3.12.2015 ten lugar a reunión entre as comisións municipais de deslindamento, os representantes da Xunta de Galicia e os técnicos do Instituto Xeográfico Nacional. Esta reunión conclúe sen acordo sobre o obxecto do expediente e decídese de mutuo acordo a remisión á Xunta de Galicia de novas actas por separado das comisións de deslindamento respectivas.

Con data do 8.4.2016 recíbese na Dirección Xeral da Administración Local a ratificación da acta de deslindamento do 23.4.2014 do Concello de Sober e con data do 2.5.2016 a nova acta de deslindamento do 28.4.2016 do Concello de Monforte de Lemos.

Con data do 25.10.2017 recíbese na Dirección Xeral da Administración Local o informe preceptivo do Instituto Xeográfico Nacional, emitido o 28.9.2017 segundo o previsto no artigo 44 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. O citado informe remitiuse aos respectivos concellos para a formulación de alegacións no prazo de dez días concedido para o efecto.

Con data do 24.2.2017 o Instituto Xeográfico Nacional emite o correspondente informe complementario e resolve as alegacións presentadas polas dúas entidades locais interesadas.

Con data do 21.6.2018 a Deputación Provincial de Lugo emite o correspondente informe, tras a remisión pola Dirección Xeral de Administración Local do expediente completo, no que manifesta a súa conformidade coa proposta do Instituto Xeográfico Nacional.

Con data do 14.3.2024 a Comisión Galega de Delimitación Territorial emite o preceptivo informe sobre o expediente de deslindamento, de acordo co sinalado polo Instituto Xeográfico Nacional.

O Concello de Sober fundamenta a súa proposta na «acta da operación practicada para recoñecer a liña de termo e sinalar os marcos comúns aos termos municipais de Monforte de Lemos e Sober, pertencentes ambos á provincia de Lugo», levantada polo Instituto Xeográfico e Catastral os días 7 e 10 de setembro de 1934. O concello completa a súa proposta cun informe técnico relativo aos traballos de identificación, localización e traza de implantación dos marcos nº 2 e nº 3 da acta de deslindamento de setembro de 1934, dos límites municipais dos concellos de Sober e Monforte de Lemos realizado no mes abril de 2014, e figuran neste as coordenadas xeográficas das posicións que o Concello de Sober atribúe aos marcos nº 2 e nº 3 descritos na acta de 1934. Achega a documentación gráfica coa súa proposta, así como unha copia parcial do Plan xeral de ordenación municipal de Sober e dous planos de Catastro da zona do Reboredo. Este concello detalla a proposta de liña límite da súa comisión de deslindamento na acta do 23.4.2014 e nela alega que a liña límite entre concellos debe coincidir coa liña límite provisional fixada en 1935 e coa delimitación que reflicten o plano catastral de 1985 ou a delimitación parcelaria catastral dos anos 50 do século XX.

O Concello de Monforte de Lemos basea a súa proposta para a localización dos marcos nº 2 e nº 3 tamén na acta levantada entre os termos municipais de Sober e de Monforte de Lemos polo Instituto Xeográfico e Catastral os días 7 e 10 de setembro de 1934. O Concello de Monforte de Lemos completa a súa proposta con diversa documentación e planos segundo consta no expediente. Este concello sinala que o límite municipal non pode coincidir co límite do polígono industrial e ten que ir máis alá, xa que os terreos sobre os que se exerceron potestades administrativas e nos que se sitúa o polígono están en terreos que foron dispostos na súa totalidade polo Concello de Monforte de Lemos, sen que ninguén se opuxese á citada disposición.

O expediente de deslindamento tramitouse de conformidade co procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e no Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.

A motivación da resolución deste expediente reside nos seguintes fundamentos xurídicos:

1. De conformidade co disposto nos artigos 41 e 44.3 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os conflitos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslindamento dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da deputación provincial respectiva, da Comisión Galega de Delimitación Territorial e do ditame do Consello Consultivo.

No expediente de deslindamento dos termos municipais de Sober e Monforte de Lemos, obsérvase que existe un claro desacordo entre ambos os municipios. Este suposto de feito está comprendido dentro da definición que o Consello Consultivo de Galicia, seguindo a doutrina do Consello de Estado, realizou no seu ditame número 35 do 17 de marzo de 2000, onde sinala que deslindar é identificar e distinguir os lindeiros reais que separan dous ou máis termos municipais, por non mediar acordo e existiren discrepancias ou contradicións sobre os lindeiros sinalados nunha acta de deslindamento anterior ou entre os declarados por actas precedentes e sucesivas no tempo.

En consecuencia, é necesaria a intervención do Consello da Xunta de Galicia para resolver o conflito, ao abeiro do artigo 44.3 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

2. A resolución deste expediente polo Consello da Xunta de Galicia non menoscaba os dereitos dos concellos afectados, pois estes conservan o dereito a obter un pronunciamento xurisdicional sobre a controversia relativa á liña límite entre os seus termos municipais.

3. O Instituto Xeográfico Nacional no seu informe preceptivo, ante a falta de constancia no expediente de título xurídico ningún que recolla o acordo das partes ou que estableza como debe ser a liña límite entre os dous marcos do tramo en litixio, aplicou para fundamentar a súa proposta os criterios establecidos pola reiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo e da doutrina de Consello de Estado, que indican que para resolver os expedientes de deslindamento a Administración debe basearse:

• En primeiro lugar, no que resulte de deslindamentos anteriores practicados de conformidade entre os municipios interesados.

• Cando non existen deslindamentos anteriores nos que apoiar unha solución ao trazado da liña discutida, deberá atender aos actos reveladores do exercicio de potestades administrativas na zona controvertida. É dicir, que só a falta de documentos expresivos de deslindamentos anteriores, deberán terse en conta aqueloutros documentos que, non sendo de deslindamento, indiquen ou reflictan de modo preciso a situación dos terreos en cuestión.

• Por último, en defecto dos anteriores datos, deberá acudirse aos documentos referentes a predios ou herdades que se atopen situadas no terreo litixioso, e demais probas que contribúan a formar un xuízo sobre a cuestión exposta e das que poida deducirse con certeza a cal das partes favorece a posesión de feito (sentenzas do Tribunal Supremo do 23 de outubro de 1902, do 20 de marzo e do 15 de novembro de 1928, do 4 de xuño de 1941, do 30 de outubro de 1979, do 26 de febreiro de 1983 e do 10 de decembro de 1984, entre outras. Ditames do Consello de Estado 1245/93, 1625/93, 897/99, 2905/2002, entre outros).

A aplicación destes criterios xurisprudenciais leva a dar prevalencia á «Acta da operación practicada para recoñecer a liña de termo e sinalar os marcos comúns aos termos municipais de Monforte de Lemos e de Sober, pertencentes ambos á provincia de Lugo», levantada polo Instituto Xeográfico e Catastral os días 7 e 10 de setembro de 1934, por tratarse do único título de xurisdición que figura na documentación deste expediente de deslindamento, e que é o fundamento da xeometría da liña límite litixiosa entre Sober e Monforte de Lemos inscrita no Rexistro Central de Cartografía (RCC) e no Mapa Topográfico Nacional (MTN).

Non obstante, hai que indicar que, en sentido estrito, tal xeometría non está apoiada pola citada acta de 1934 entre os termos municipais de Sober e de Monforte de Lemos, xa que este documento non recolle ningún acordo respecto da xurisdición, senón que simplemente constata que as comisións de deslindamento de ambos os concellos presentes cando o Instituto Xeográfico procedeu ao recoñecemento da liña límite, con motivo dos traballos de formación do Mapa Topográfico Nacional (MTN), só recoñeceron a posición sobre o terreo dos marcos nº 2 e nº 3, pero discreparon respecto do modo de unión entre estes. Por conseguinte, a liña límite que figura no Rexistro Central de Cartografía (RCC) e no Mapa Topográfico Nacional (MTN) debuxouse para os efectos exclusivos do peche planimétrico dos termos sen ningún efecto xurídico, e correspóndese co desenvolvemento do caderno topográfico de campo, mero documento técnico asociado a esta acta e que debería representarse no mapa co signo convencional de «liña provisional».

Deste xeito, o Instituto Xeográfico Nacional entende que, ao non poder sustentar a súa proposta na documentación específica sobre deslindamentos xurisdicionais, ten que fundamentala en documentos que, seguindo coa doutrina xurisprudencial anteriormente citada, expresen dun modo preciso en que termo ou xurisdición se atopan os terreos en cuestión, é dicir, haberá que atender outros documentos cos que se poidan demostrar os actos reveladores do exercicio de potestades administrativas na zona litixiosa.

Con base en toda a documentación achegada ao expediente polo Concello de Monforte de Lemos, o Instituto Xeográfico Nacional considera que esta entidade local exerceu os actos reveladores do exercicio de potestades administrativas no que respecta á parte da zona litixiosa onde está situado o polígono industrial O Reboredo e, polo tanto, no que respecta a esta zona, entende que procede propoñer como liña límite entre os termos municipais de Monforte de Lemos e de Sober o límite oeste e o sur do citado polígono industrial.

Con respecto ás zonas anterior e posterior ao polígono industrial, o Instituto Xeográfico Nacional entende que procede propoñer como liña límite entre os termos municipais de Monforte de Lemos e Sober, o límite baseado na documentación catastral actual existente entre os devanditos municipios, aínda que non se trate, obviamente, dunha documentación de deslindamento xurisdicional.

4. O Instituto Xeográfico Nacional decidiu no seu informe preceptivo do 28.9.2017 e no seu informe complementario do 17.4.2018, asumidos pola Deputación Provincial de Lugo e que a Comisión Galega de Delimitación Territorial da Xunta de Galicia informou favorablemente por unanimidade que a liña límite xurisdicional entre os concellos de Sober e Monforte de Lemos na zona litixiosa sexa a que se materializa na colocación dos marcos 2 a 3:

a) Na zona do polígono industrial O Reboredo, o límite oeste e sur do devandito polígono xeorreferenciado, axustado nalgunhas zonas sobre a ortofotografía do AMS de 1957. E na zona sur situada ao leste da estrada de Monforte de Lemos a Sober e a Neiras, os piquetes que existen ao norte dun camiño que, a xuízo do Instituto Xeográfico Nacional, constitúen o límite do polígono industrial e coinciden sensiblemente coa xeorreferenciación do camiño que aparece no citado polígono. Na zona do polígono construída levántanse as inflexións do muro que existe na actualidade.

b) Nas zonas anterior e posterior do polígono industrial, o límite recollido na documentación catastral existente actualmente entre ambos os dous municipios, que transcorre case na súa totalidade por eixes de camiños, axustada sobre a ortofotografía do AMS de 1957.

A concreción xeométrica que constitúe a liña límite proposta polo Instituto Xeográfico Nacional neste expediente de deslindamento entre Sober e Monforte de Lemos, queda definida polas coordenadas dos puntos relacionados na táboa que figura no anexo I deste decreto, no sistema xeodésico de referencia ETRS89, proxección UTM, fuso 29.

Coa motivación exposta nos parágrafos anteriores, por proposta do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de acordo co Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de xullo de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Resolver a cuestión suscitada entre os concellos de Sober e Monforte de Lemos sobre o deslindamento dos seus termos municipais no sentido de establecer que a liña límite xurisdicional entre os ditos termos municipais na zona litixiosa sexa a que se recolle na proposta realizada polo Instituto Xeográfico Nacional e definida polas coordenadas que constan como anexo I a este decreto e tal e como se representa no ortofotomapa E: 1:5.000 do Instituto Xeográfico Nacional, que figura como anexo II deste decreto.

Contra este decreto, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo do disposto no artigo 44 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou calquera outro recurso que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, oito de xullo de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Deseguido relaciónanse as coordenadas UTM, nos sistemas xeodésicos de referencia ETRS89, proxección UTM, fuso 29, dos marcos que concretan xeometricamente a liña límite proposta polo Instituto Xeográfico Nacional:

Marco

X-ETRS89

Y-ETRS89

L.L. ao punto anterior

M2

619295.6

4706070

M2-01

619301

4706052

Recta

M2-02

619313

4706010

Recta

M3-03

619320

4705993

Recta

M2-04

619333

4705973

Recta

M2-05

619357.6

4705945.2

Recta

M2-06

619334.8

4705913.6

Recta

M2-07

619347.2

4705891.2

Recta

M2-08

619387.6

4705841.5

Eixe do camiño

M2-09

619424.6

4705806.6

Eixe do camiño

M2-10

619437.3

4705785.9

Eixe do camiño

M2-11

619483

4705729

Eixe do camiño

M2-12

619511

4705708

Eixe do camiño

M2-13

619526

4705686

Eixe do camiño

M2-14

619546

4705666

Eixe do camiño

M2-15

619559

4705637

Eixe do camiño

M2-16

619569

4705613

Eixe do camiño

M2-17

619590.3

4705608.8

Eixe do camiño

M2-18

619611.3

4705598.1

Eixe do camiño

M2-19

619656.0

4705570.4

Eixe do camiño

M2-20

619696.4

4705574.1

Eixe do camiño

M2-21

619706.7

4705572.8

Eixe do camiño

M2-22

619754.4

4705561.2

Eixe do camiño

M2-23

619787.1

4705550.6

Eixe do camiño

M2-24

619795.8

4705542.3

Eixe do camiño

M2-25

619794.4

4705537.0

Eixe do camiño

M2-26

619795.8

4705531.4

Eixe do camiño

M2-27

619802.5

4705524.7

Eixe do camiño

M2-28

619836.2

4705508.0

Eixe do camiño

M2-29

619834.1

4705499.5

Recta

M2-30

619853.0

4705481.6

Recta

M2-31

619851.9

4705478.5

Recta

M2-32

619883.5

4705440.2

Recta

M2-33

619918.3

4705407.1

Recta

M2-34

619939.5

4705381.1

Recta

M2-35

619949.1

4705368.2

Recta

M2-36

619968.2

4705342.6

Recta

M2-37

619979.2

4705320.4

Recta

M2-38

620003.4

4705282.4

Recta

M2-39

620008.7

4705268.4

Recta

M2-40

620024.2

4705216.4

Recta

M2-41

620059.8

4705184.7

Recta

M2-42

620017.7

4705115.7

Recta

M2-43

620069.6

4705088.2

Recta

M2-44

620104.7

4705061.2

Recta

M2-45

620119.8

4705060.8

Recta

M2-46

620181.9

4705056.3

Recta

M2-47

620240.2

4705034.1

Recta

M2-48

620301.3

4705006.5

Recta

M2-49

620356.1

4704992.5

Recta

M2-50

620370.0

4704991.8

Recta

M2-51

620376.7

4704995.6

Recta

M2-52

620391.2

4704997.2

Recta

M2-53

620404.4

4705000.5

Recta

M2-54

620451.8

4705012.5

Recta

M2-55

620485.7

4705014.7

Recta

M2-56

620518.6

4705018.8

Recta

M2-57

620550.0

4705018.2

Recta

M2-58

620573.0

4705017.0

Recta

M2-59

620593.1

4705016.2

Recta

M2-60

620639.6

4705016.2

Recta

M2-61

620653.6

4705018.4

Recta

M2-62

620678.7

4705032.9

Recta

M2-63

620681.1

4705029.0

Recta

M2-64

620696.1

4705039.4

Eixe do camiño

M2-65

620754.0

4705039.2

Eixe do camiño

M2-66

620796.4

4705047.5

Eixe do camiño

M2-67

620809.8

4705053.5

Eixe do camiño

M2-68

620830.2

4705053.6

Eixe do camiño

M2-69

620825.6

4705022.0

Eixe do camiño

M2-70

620808.0

4704974.6

Eixe do camiño

M2-71

620806.8

4704933.7

Eixe do camiño

M2-72

620808.6

4704912.8

Eixe do camiño

M2-73

620819.1

4704890.8

Eixe do camiño

M2-74

620815.8

4704853.0

Eixe do camiño

M2-75

620832.6

4704821.4

Eixe do camiño

M2-76

620821.1

4704786.7

Eixe do camiño

M2-77

620826.2

4704745.3

Eixe do camiño

M2-78

620833.3

4704626.6

Eixe do camiño

M2-79

620855.3

4704607.5

Eixe do camiño

M2-80

620878.7

4704592.4

Eixe do camiño

M2-81

620893.5

4704566.5

Eixe do camiño

M2-82

620913.6

4704530.2

Eixe do camiño

M2-83

620939.6

4704506.7

Eixe do camiño

M2-84

620941.6

4704485.6

Eixe do camiño

M2-85

620964.3

4704472.4

Eixe do camiño

M2-86

620975.0

4704447.5

Eixe do camiño

M2-87

620987.0

4704374.8

Eixe do camiño

M2-88

620985.2

4704345.9

Eixe do camiño

M2-89

620987.5

4704315.8

Eixe do camiño

M2-90

620981.9

4704266.3

Eixe do camiño

M2-91

620963.7

4704190.1

Eixe do camiño

M2-92

620959.3

4704104.4

Eixe do camiño

M2-93

620971.0

4704034.4

Eixe do camiño

M2-94

620994.3

4703969.0

Eixe do camiño

M2-95

621016.3

4703948.6

Eixe do camiño

M2-96

621040.6

4703906.4

Eixe do camiño

M2-97

621068.5

4703876.7

Eixe do camiño

M2-98

621079.9

4703863.0

Eixe do camiño

M2-99

621099.9

4703850.0

Eixe do camiño

M2-100

621136.1

4703801.0

Eixe do camiño

M2-101

621161.6

4703783.5

Eixe do camiño

M2-102

621182.0

4703760.7

Eixe do camiño

M2-103

621239.3

4703690.6

Eixe do camiño

M2-104

621205.7

4703708.4

Eixe do camiño

M2-105

621161.8

4703713.4

Eixe do camiño

M2-106

621103.3

4703713.9

Eixe do camiño

M2-107

621092.8

4703709.0

Eixe do camiño

M2-108

621081.3

4703668.9

Eixe do camiño

M2-109

621077.9

4703640.6

Eixe do camiño

M2-110

621078.6

4703628.8

Eixe do camiño

M2-111

621081.7

4703615.1

Eixe do camiño

M2-112

621091.9

4703584.5

Eixe do camiño

M2-113

621103.1

4703559.5

Eixe do camiño

M2-114

621132.0

4703515.7

Eixe do camiño

M2-115

621139.4

4703497.1

Eixe do camiño

M2-116

621145.0

4703488.3

Eixe do camiño

M2-117

621155.6

4703481.4

Eixe do camiño

M2-118

621170.1

4703478.4

Eixe do camiño

M2-119

621197.5

4703478.4

Eixe do camiño

M2-120

621208.6

4703476.4

Eixe do camiño

M2-121

621219.9

4703472.2

Eixe do camiño

M2-122

621233.8

4703463.0

Eixe do camiño

M2-123

621244.1

4703452.1

Eixe do camiño

M2-124

621261.2

4703430.8

Eixe do camiño

M2-125

621302.9

4703392.4

Eixe do camiño

M2-126

621339.6

4703353.6

Eixe do camiño

M2-127

621359.7

4703326.6

Eixe do camiño

M2-128

621375.1

4703306.8

Eixe do camiño

M3

621376.7

4703308.0

Recta

ANEXO II

missing image file