DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 43057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do expediente sancionador MON-CO-0281/2023-DIS.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, para ser notificada por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal –Servizo de Xestión Forestal–, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Notificar a presente resolución que pon fin á vía administrativa á persoa interesada, coa indicación de que contra ela só cabe recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: MON-CO-0281/2023-DIS.

Interesada: 78781116K.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.