DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42699

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación aos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 5 de xullo de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no primeiro cuadrimestre do ano 2024

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Noia.

19.1.2024

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Camariñas.

20.2.2024

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Pontevedra.

12.3.2024

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xusticia e Deportes e o Concello de Cee.

21.3.2024

Sen achega económica