DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42697

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao convenio de colaboración subscrito no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no mes decembro de 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 5 de xullo de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Convenio subscrito pola Agasp no terceiro cuadrimestre do ano 2023

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Foz.

21.12.2023

Sen achega económica