DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42701

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D).

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2023 aprobáronse as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servicios básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027, mediante tramitación anticipada de gasto (DOG núm. 37, do 21 de febreiro de 2024).

A convocatoria ten unha dotación de 3.000.000 €, financiados con cargo á partida orzamentaria 14.A1.712A.760.00 dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coas seguintes porcentaxes de cofinanciamento: Feader (60 %), fondos da Administración xeral do Estado (12 %), fondos da Xunta de Galicia (28 %).

A convocatoria de axudas tramitouse en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos nos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas. Así mesmo, o artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que se deberá publicar a concesión das correspondentes axudas ou subvencións.

Así pois, unha vez resolta a convocatoria de axudas na súa totalidade

RESOLVO:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas ao amparo da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto, segundo o documento anexo.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Anexo

Relación de subvenciones concedidas

Expediente

Promotor

NIF

Total axuda

Anualidade 2024

Anualidade 2025

SB24-687203-0001

A Gudiña

P3203500H

149.858,31 €

74.929,15 €

74.929,16 €

SB24-687203-0003

Taboadela

P3208000D

97.743,80 €

48.871,90 €

48.871,90 €

SB24-687203-0004

Toén

P3208200J

150.000,00 €

75.000,00 €

75.000,00 €

SB24-687203-0005

Sober

P2705900E

150.000,00 €

75.000,00 €

75.000,00 €

SB24-687203-0006

Riós

P3207200A

149.905,61 €

74.952,80 €

74.952,81 €

SB24-687203-0008

O Incio

P2702400I

146.146,80 €

73.073,40 €

73.073,40 €

SB24-687203-0009

Avión

P3200500A

150.000,00 €

75.000,00 €

75.000,00 €

SB24-687203-0010

Boborás

P3201400C

149.895,79 €

74.947,89 €

74.947,90 €

SB24-687203-0011

A Veiga

P3208400F

150.000,00 €

75.000,00 €

75.000,00 €

SB24-687203-0012

Cenlle

P3202600G

150.000,00 €

75.000,00 €

75.000,00 €

SB24-687203-0013

Vilariño de Conso

P3209300G

150.000,00 €

75.000,00 €

75.000,00 €

SB24-687203-0014

Cerdedo-Cotobade

P3600048G

89.832,39 €

44.916,19 €

44.916,20 €

SB24-687203-0015

A Pobra do Brollón

P2704700J

149.999,99 €

74.999,99 €

75.000,00 €

SB24-687203-0016

Carballeda de Avia

P3201900B

150.000,00 €

75.000,00 €

75.000,00 €

SB24-687203-0017

Monterrei

P3205100E

150.000,00 €

75.000,00 €

75.000,00 €

SB24-687203-0020

O Pereiro de Aguiar

P3205900H

150.000,00 €

75.000,00 €

75.000,00 €

SB24-687203-0021

Quintela de Leirado

P3206700A

150.000,00 €

75.000,00 €

75.000,00 €

SB24-687203-0022

Quiroga

P2705000D

144.992,70 €

72.496,35 €

72.496,35 €

SB24-687203-0023

Cualedro

P3202900A

129.413,84 €

64.706,92 €

64.706,92 €

SB24-687203-0025

Folgoso do Courel

P2701700C

148.857,62 €

74.428,81 €

74.428,81 €