DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello do Pino (expediente DH.A15.100079).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Regantes de Fontaíña, Parañoa e Eiras.

CIF: ****6059*.

Expediente: DH.A15.100079.

Volume total anual: 20.001,89 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,63 l/s.

Destino: rega.

Orixe: mananciais en Sobra de Chousa (Parañoa) e Os Bolleiros.

Lugar: Fontaíña, Parañoa e Eiras.

Parroquia: Budiño.

Concello: O Pino.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de tres mananciais: o denominado Sobre da Chousa de Parañoa (leste), na parcela nº 271 do polígono 512, o denominado Sobre da Chousa de Parañoa (oeste), na parcela nº 204 do mesmo polígono, e o denominado Os Bolleiros, na parcela nº 196 do mesmo polígono. No primeiro caso, mediante pozo de 1,20 m de diámetro con aros de formigón do cal parte unha tubaxe de 50 mm. No segundo, mediante perforación horizontal en galería de 4 m de longo con tubo de drenaxe de 12 mm de diámetro que remata en pozo colector de 1,15 m de diámetro e 1 m de fondo do cal parte un tubo de 40 mm ata un segundo pozo de iguais dimensións do cal parte unha condución de 40 mm. No terceiro caso, mediante pozo de 1,20 m de diámetro con aros de formigón do cal parten dous tubos de 40 e 32 mm. As diferentes tubaxes conducen ao edificio repartidor, situado na parcela 156 do polígono 201, que conta con dimensións 3,6 ˣ10,6 m e alberga oito depósitos individuais de 3.500 litros e outros tantos de 3.000 litros, e desde onde parten 16 liñas de derivación ata as parcelas que se van regar.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas, na rúa Tomiño, núm. 16, baixo,15704 de Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro