DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Narón (expediente DH.W15.102042).

En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Construcciones Guerreiro Somozas, S.L.

DNI: ***7688**.

Expediente: DH.W15.102042.

Lugar: polígono industrial Río do Pozo.

Parroquia: Trasancos (San Mateo).

Concello: Narón (A Coruña).

Descrición das actuacións:

Na execución das obras reflectidas no proyecto de nave industrial para almacén de materiais de construción.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º andar, 15008 da Coruña, solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 17 de xuño de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte