DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 2 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20240118TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 2 de maio de 2024, a dirección territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20240118TA-PO contra a persoa titular do DNI 36084786V.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio se lle notifica á persoa titular do DNI 36084786V o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións, ante esta dirección territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 2 de xullo de 2024

Natalia Botana Rey
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20240118TA-PO.

DNI da persoa denunciada: 36084786V.

Último enderezo coñecido: rúa Bassa Roja, núm. 38, 07001 Palma de Mallorca.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7, letra w): «Prohíbese fumar en recintos dos parques infantís e áreas ou zonas de xogo para a infancia, entendendo por tales os espazos ao aire libre acoutados que conteñan equipamentos ou acondicionamentos destinados especificamente para o xogo e esparexemento de menores».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: «Consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).