DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42730

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 pola que se convocan para a elección de destino as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, convocado pola Resolución do 19 de abril de 2022.

Pola Resolución do 19 de abril de 2022 (DOG do 3 de maio) convócanse probas selectivas para cubrir catorce prazas vacantes da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos pola quenda de acceso libre.

O 14 de xuño de 2024, o tribunal publicou a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas pola quenda de acceso libre.

Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base 9.1 da convocatoria, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro electrónico da USC, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán os destinos ofertados por orde de prelación a través do formulario electrónico habilitado ao respecto que figura no catálogo de procedementos da sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm para o cal empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 19 de abril de 2022 pola que se convocaba o procedemento selectivo.

Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.

2º. Poderá elixir «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución, tendo en conta que as persoas aspirantes deberán indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia, que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.

Quinto. Á persoa aspirante que non presente a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccione un número de prazas inferior ao fixado no parágrafo anterior e non se lle adxudique ningún destino, ou non presentase a súa solicitude de excedencia no xeito previsto nesta resolución, seralle adxudicado o posto que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo entre os que quedasen sen adxudicar, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o devandito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo convocadas á elección de destino

Nº de
orde

DNI

Apelidos e nome

1

***4552**

Corral Pérez, Isabel

2

***7085**

Tejado Montero, Irene

3

***9358**

Otero Mato, Alejandro

4

***4624**

Lanzós López, Pamela

5

***0638**

Traficante Fernández, Rafael José

6

***8809**

Sanmartín Cardama, Maite

7

***3582**

Barbeito Fariña, Jesús

8

***6943**

Cid Álvarez, Sara María

9

***9428**

Calvo Carballeira, Ana

10

***1958**

Louzao Soneira, Begoña

11

***4485**

Quiroga Rodríguez, María José

12

***6010**

Acosta González, Guillermo

13

***9002**

Figueiras Nodar, Margarita

14

***5971**

Quiñoy Seoane, Sergio

ANEXO II

Relación de prazas da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas
e museos que se ofertan

Código

Denominación e unidade

Nivel

Subgrupo

Quenda

Campus

PF000455

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía/Facultade de Enfermaría

17

C1

Mañá

Compostela

PF000473

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía/Facultade de Enfermaría

17

C1

Tarde

Compostela

PF000469

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia/Facultade de Filosofía

17

C1

Tarde

Compostela

PF000492

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

17

C1

Mañá

Lugo

PF000493

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

17

C1

Mañá

Lugo

PF000490

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

17

C1

Tarde

Lugo

PF000428

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca da Facultade de Filoloxía

17

C1

Tarde

Compostela

PF000415

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

17

C1

Tarde

Compostela

PF000437

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca da Facultade de Psicoloxía/Facultade de Ciencias da Educación

17

C1

Tarde

Compostela

PF000402

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Xerencia

17

C1

Tarde

Compostela

PF000404

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Negociados Biblioteca xeral

17

C1

Tarde

Compostela

PF000449

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca da Facultade de Matemáticas

17

C1

Tarde

Compostela

PF000502

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca Universitaria Concepción Arenal

17

C1

Tarde

Compostela

PF000503

Auxiliar arquivo, biblioteca e museo. Biblioteca Universitaria Concepción Arenal

17

C1

Tarde

Compostela