DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 3 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifica aos solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2024/2461-2 e cinco máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Lugo, 3 de xullo de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/Pasaporte

PR 204A 2024/2461-2

52761921J

PR 204A 2024/2544-2

34881163F

PR 204A 2024/2645-2

50186400D

PR 204A 2024/2807-2

33536259M

PR 204A 2024/2826-2

35104101Y

PR 204A 2024/2839-2

78793285T