DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42808

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO das bases que rexen a convocatoria para a selección do persoal laboral temporal e a xestión das listas de contratación.

De conformidade co indicado no artigo 110.c) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (Retegal) dispón dun sistema de listas previo por categorías que resulta insuficiente para cubrir as necesidades de contratación temporal.

Logo da negociación coas organizacións sindicais representativas no ámbito da función pública, e contando co informe favorable da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, procédese a unha nova convocatoria.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As bases, así como as distintas convocatorias, publicaranse no taboleiro de anuncios da sociedade e na páxina web de Retegal (www.retegal.gal).

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2024

María Pilar Chapela Villanueva
Directora xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.