A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 31 de maio de 2024, adoptou o seguinte acordo:
«31. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Camariñas (imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana).
1. Aceptar a delegación das competencias tributarias acordada polo Concello de Camariñas en relación coa seguinte materia:
Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 6 de xuño de 2024
O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 33475/2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado delegado de Persoal